viernes, 31 de mayo de 2013

As Feiras da Comarca do Ortegal


José Dos Vidueiros
As feiras na Comarca do Ortegal, eu que non fun tratante de gando nin vendedor ambulante de feiras, si puiden coñecer todas aquelas feiras da comarca.
Dende que tiven uso de razón,
Eu viaxei aquelas feiras,
Comezando na de Mañón,
I logo achegarme a outras,
Algo mais costeiras.

As Parroquias da Comarca, tiñan o seu desenvolvemento o traveso das feiras, i as veces saíndo a outras fora da Comarca, que serian As Pontes,
Galdo, e Viveiro, estas dúas últimas Provincia de Lugo.
Os catro domingos de mes contabamos con feira, librando o quinto domingo, cando o mes conta cinco, que chamamos domingo furado, as feiras repartíanse así comezando primeiro Domingo do Mes, con Loiba, i grañas do Sor, segundo Parroquia Galdo Concello de Viveiro, terceiro San Claudio, i cuarto Mañón, o día Primeiro de cada mes que podía ser día laborable, celebrábanse nas Pontes, e Viveiro, i o día seis de cada mes a Barqueira, segundo sábado de mes en Mañón, chamada feira Nova, ou tamén sábado de Galdo, os quinces de mes feiras do Mediado, as Pontes, i Viveiro, i rematabamos mes, o día vintenove coa de Mera Concello de Ortigueira, logo había unha anual San Martiño Santa Marta de Ortigueira, once de Novembro,

Mañón. Campo da Feira
Aquelas feiras de antes,
Que había na Parroquia de Mañón,
Achegábanse aqueles tratantes,
Cabalo, montura, e bastón.

Eu que sigo a vivir en Mañón,
Nesta parroquia do rural,
Noto moito a desaparición,
Das feiras do Ortegal.

Agora que falo de elas,
Pido perdón si algo non conto ben,
A Comarca aínda hoxe ten,
Si quere, sitio para facelas.


Galicia contaba con moitas feiras, en esta comarca as antes nomeadas eran o medio de transaccións de gando, i produtos do noso rural, as madrugadas enchían as corredoiras de xente, que se dirixía cara a estas feiras i que para achegarse algunhas podía levar catro horas o camiño, imaxinémonos o que sería guindar por un animal ata unha feira que podía ser fora da comarca, As Pontes ou a Barqueira, para os tratantes de gando vacún era dificultoso dado que as veces tiñan que levar tenreiros de poucos días de vida, i así chegar a feira aquel lote que querían vender en algunha de estas feiras, eu onde máis teño viaxado foi a de San Claudio con ovellas, a viaxe podíame levar tres horas, eu andaba lixeiro, había que estar atento o canto do galo na madrugada, recordo na década dos anos sesenta, mes de Setembro, levando un carneiro para vender porque adoitaba a turrar, si mal non recordo deume setenta e oito pesos, eu que xa saira un pouco retrasado da casa, cando cheguei a Couzadoiro botouse unha treboada que non deixaba andar, alí puiden meterme nun alpendre con aquel animal, cando clarexou o ceo eu seguín a andar cara a feira, i así poder vender o nomeado animal a unha persoa da Comarca, i que quería para o seu rabaño de ovellas, a estas feiras de San Claudio tamén teño viaxado en bicicleta, i tamén á feira de Loiba, para mercar unhas zocas, pero eu quería destacar a importancia das feiras da miña Parroquia de Mañón, feiras que ás veces se acompañaban con festa de Patrón, en estas feiras había de todo dende vacas, ovellas, porcos, galiñas, tendas, i toda clase de mercadorías, comerciantes de toda a comarca, nas casetas de pedra i lousa que aínda hoxe se poden ver alí na cima de este campo da Feira, alí instalaban aqueles postos, non chegaban para todos vendedores e vendedoras que se achegaban repito de toda a comarca do Ortegal i o seu entorno, recordo aqueles coches de Ortigueira cargados de matulas enriba na vaca i xente dentro, o son da feira podíase escoitar a un quilometro a redonda sempre que o vento o permitise, os ventos entran moi fácil neste campo da feira. A feira de Maio, día de feira e festa había carreira de bestas dende o Cruceiro da Castiñeira ata feira das vacas, en unha de estas carreiras rexistrouse un atropelo de unha persoa sen causarlle a morte, eu con so oito ou nove anos, xa vía aquela cantidade de xente que pasaba por aquel sendeiro preto de onde eu estaba alindar as vacas nun cómbaro,
EU QUE NON COÑECÍA A NINGUÉN,
DECÍAME BOS DÍAS NENIÑO,
E LOGO ALINDAS BEN,
TRES VACAS ASÍ SOÍÑO.
Aquel era un sendeiro por onde pasaba repito tanta xente da parroquia de
Riobarba, i outras Concello do Vicedo i Viveiro, i que pasaban por esa ponte Romana por enriba do Rio Sor, i que era un ir e vir de xente para ditas feiras. Eu miraba moito para aquelas persoas, que algunhas viñan montados a cabalo, i boas eguas, eu preguntaba como podían estar tan mantidos aqueles animais, naqueles tempos aínda de pouca abundancia,
AGORA XA NON PERDURA,
NADA DE AQUEL SENDEIRO,
POR ONDE PASABA AQUEL CURA,
I MEU PRIMO, O CARTEIRO.

eu o que máis receaba era o paso do cura, el pelexaba con miña nai para que me deixara ir con el para o seminario de Mondoñedo, eu de aquilo non quería entender, estou a falar dos anos mil novecentos cincuenta, e
mil novecentos cincuenta e un, cando eu contaba so sete anos, logo eu que
ía medrando seguín pasando por estas feiras da Comarca, como xa dixen antes eu non fun tratante, pero criador de ovellas, cousa que xa o fixeran meus pais i meus tíos, i a min gustábame mais aquilo que ir para Mondoñedo a encerrarme no Seminario, anque podía ter mellor futuro.
Guindei por moitas ovellas para estas feiras na maior parte para San Claudio como xa dixen antes cando fun a vender aquel carneiro. Recordo un de aqueles terceiros domingo de mes ir ata corte para coller cinco animais que eu destinara para vender, atei unha ovella como guía, i un carneiro, un cordeiro seguía a súa nai, dous cordeiros que incorporaba o rabaño de outra ovella non quixeron camiñar cara a feira, nada mais saír da casa colleron viaxe cara o monte atados un de outro, estaba acabando de amencer, eu sen perder tempo en collelos seguín camiño da feira guindando por aqueles animais, que vendín nada mais chegar, aquela feira había bos prezos, cando volvín da feira fun a buscar aqueles dous animais que de mañá marcharan ó monte, contaba encontralos aforcados pero tiven sorte que non.
Falando de tratantes de ovellas, quería dicir, que eu recordo moito a José e Manuel de Bidueiros, con aqueles rabaños de cabras i ovellas, todos os Domingos de Galdo pasaban polo camiño Real da ponte do Porto cara o alto do Foxo, eu estaba a xogar á pelota con outros rapaces en aquel campeiro por onde pasaban con aquel rabaño de animais, i que o domingo seguente estaban na feira de San Claudio para vender todo o rabaño, que podían ser máis de cincuenta cabezas, eu que andaba por alí miraba aqueles animais que aia oito días vira pasar polo camiño Real do monte do coto da Casanova, eu miraba aqueles carneiros dos cornos retorneados, facíame recordar aquel que tiñan meus pais i que eu máis meu irmán poñiámonos de a cabalo i conducilo como si fora unha moto i así baixar aquela congostra a toda velocidade, así foi o tempo da
miña xuventude en aqueles tempos de feiras e festas na mariña i no
rural.
O RECORDO AQUELAS FESTAS,
NA PARROQUIA DE MAÑÓN,
AQUELAS ANTIGAS ORQUESTAS,
CAIXA, BOMBO, E SESAFÓN.


Andrés de Mañón