A ría de Ortigueira
comprende o espacio entre o Cabo Ortegal e a Estaca de Bares. É un
dos espacios naturais protexidos de Galicia.
Frente aos areais de San
Martiño e Cabalar, preto da Illa de San Vicente, hai unha gran
língua de area coñecida como A Barra.
Hai unha lenda que dí que
vivía un “Bicho” debaixo da area preto de Laxás. Os que o
viron dicían que era coma un dragón e a xente fuxía cando o vía.
Os habitantes da vila pedíronlle a Santa Marta, a patroa de
Ortigueira, que lles axudara a desfacerse del. Algúns din que a
Santa conseguira matalo, pero outros contan que non, que aínda está
por alí e que pode aparecer algún día.
Unha copla popular así o
asegura:
A xente da Vila
que diga o que queira
pero eu vin ao Bicho
choupando na Tremoeira.
Mª José Villalba
No hay comentarios:
Publicar un comentario