Inda
que eu non fun un rapaz moi festexeiro, íame dando conta que os
anos pasaban. Ía sendo hora de darlle algunha volta á vida, xa
cumprira coa Patria, recen chegado de Madrid, no mes de Agosto do ano
sesenta e seis, a meda estaba na eira, chegou aquel cuarto
Domingo do mes, as festas do Naseiro en Viveiro, i unha festa máis
preto de Mañón, o San Salvador pequeno no lugar dos Casas,
Parroquia de San Salvador, Concello de Ortigueira eu parecía que
traía gañas de festa, i verme con xente que facía tempo que non
vía dende que marchara a Madrid, pois aquel domingo na compaña de
meu irmán i outros veciños e veciñas da Parroquia quixemos ir a
aquela Festa na famosa motocarro, que meu irmán mercara na Coruña,
, eu dispoñía do permiso de conducir clase B, cousa que meu irmán
non tiña, o chegáremos alí o lugar dos Casás deixamos aquel
vehículo preto da carretera, subimos aqueles cómbaros para chegar
ó sitio da festa, xa alí cada quen miraba o que podía gustar
para pasar aquela noite, alguén podía mirar para min sen eu o
mellor darme conta que podía ser unha voa compaña de aquela noite
de festa,meu irmán non gustaba moito de aquelo, i achegouse a min
para facerme a proposta de ir ata a festa do Naseiro, propuxérame
aquelo para que eu fixera de condutor de aquel vehículo de tres
rodas que nos levara ata alí,non me gustou a proposición, primeiro
pola hora que xa era da noite, i ademais alí quedaba moitos rapaces
e rapazas que nos acompañaran para ir ata alí, como veu que eu non
acedía, ideou de pedirme o meu permiso de conducir, eu ante a
petición dun irmán no dubidei en prestarllo cousa que puido ser un
risco para os dous, eu quedeime naquela festa que durou ata altas
horas da madrugada, meu irmán marchara na compañía de outro rapaz
moi veciño noso, eu quedeime polo medio da Festa, non sei si
bailando algunha peza, logo o estómago comezaba a pedir algo de
alimento, o mesmo a outro rapaz que baixara na nosa compañía,
baixamos a carretera para entrar na taberna de Xavier, i a súa doa,
cousa que era difícil achegarse o mostrador por tanta xente que alí
había, o noso era poder comer algo, na cociña parecía haber algo
bo, eu pregunteille a Ines se tiña algo para comer, dixo que
cociñara polo asado, i unhas patacas, a min aquilo xa me
contentaba, o mesmo o compañeiro que baixara tamén para comer algo
que gustara, non dubidamos en pedir aquelo que nos propuxera, cando
xa chegou a mesa con aquela metade do polo i a fonte de patacas,
parecía ser para catro, i nos pediramos para dous, díxonos que
aproveitara, i ambos comendo de vagar falando que podía ser dos da
motocarro si os pararía a garda civil de tráfico, non dubidamos en
que aquel polo andase solto polas leiras daquel lugar, as patacas no
seu punto, logo levantamos para pagar aquelo que tanto gustara,
votamos o campo da festa aquilo seguía moi animado, alguén se
achegou a min para preguntarme si logo íamos a subir para Mañón,
cousa que tiñamos que facer a pé, eu non tiña presa, alguén máis
que me coñecía tamén me preguntaban como pasara a vida militar, i
como vira Madrid, logo cando rematou a Festa puxemos pés o camiño
que levaría un bo anaco, todos e todas voltamos contentos, mirabamos
aquela bombilla que alumeaba preto do lugar do Pesco, o alto do foxo
había que pasalo, ó chegar o cruce de San Pedro alí alguén de
aquel grupo collía o seu camiño, eu gustábame chegar a casa para
saber si chegaran os da motocarro, de aquela festa do Naseiro, si mal
non recordo non chegaran aínda, achegueime a cama para durmir un
anaco,antes que soara a máquina de Inocencio en algunha eira do
Barrio, cando chegaron aqueles aventureiros o primeiro foi
preguntarlles si os parara a Garda Civil,dixeron que non, pero
Antonio,que marchara con meu irmán Pepe, dixo vir canso de empuxar
pola Motocarro que se apagara o motor preto de San Roman, cando ían
cara o Naseiro, eu pensaba que si acertara en quedarme no San
Salvador Pequeno, i non ir ó Naseiro grande.
Andrés no Servizo Militar, 1966 |
Non
recordo o nome da Orquestra,
o
cal me gustaría saber,
recordo
moito aquela festa,
quen
tivera hoxe aqueles anos,
i
alí, poder volver.
Por Andrés
Noraboa Andrés por ese relato cheo de nostalxia que tan ben expresa o ambiente que se vivía naquelas festas da década dos 60. Que guapo que estás de recluta!!!! Unha aperta da túa veciña e amiga MªDigna Polo
ResponderEliminar