Hoxe
aínda é o día que me lembro de unha tarefa  que tiña o rural
galego, a tarefa do trigo,  para min a recollida de este cereal era
tarefa de diversión, cando
eu era un cativo do lindeiro,  década dos anos cincuenta, o mes de
Agosto pedíase que fora de Sol, para poder recoller, repito este
cereal, e poder mallar na eira cando chegaran aquelas máquinas  para
mallalo,  as eiras estaban preto das casas, era un terreo, que se
limpaba por  época de mallas, na eira poñíanse as medas de trigo,
de centeo e o medelo das aveas. A meda do trigo adoitaba a ser moi
alta, comezaba con un grande pe  e remataba en punta con un so mollo,
eu teño subido moito a aquelas medas, en unha de aquelas roulei para
baixo, caendo na eira, alguén pensou que xa morrera, non sei si a
dor dun ombro me quedou para sempre, seguín nas mallas ó longo da
xuventude, para min agarrar mollos sempre foi moi divertido,
carrexalos no carro, levalos á eira para facer a meda, a campaña de
mallas, repito eu gustaba de elas.
![]()  | 
| Máquina de mallar | 
Chegou
o ano mil novecentos  sesenta e catro, mes de Agosto, sorteo caixa de
recrutas da Coruña, a máquina de Inocencio na barriada, meu tío
preocupado por saber a onde me tocaría  ir a facer a Mili.
Aquel
día de Sol do mes de Agosto, Rosendo  non tivo pereza en madrugar i
avisarme que iríamos cara a Coruña caixa de Recrutas para saber o
meu destino, baixamos a ponte do Baleo para coller o coche de liña
das sete da mañá, para chegar a Coruña antes das doce que se
celebraría o sorteo, meu irmán Pepe  quedara para atender a taberna
en aquel día de mallas, dispoñía da chave para abrir cedo,  que
Inocencio puidera coller o gasoil para poder mallar ó longo do día,
meu irmán na primeira baixou ó muíño dos Castelados para varrer a
muiñada que lle  botara pola noite para que a moera, o muíño que
andase amodo non acabara aquela tarefa,  era pouco o que lle 
faltaba, Pepe aproveitou para botarlle unha soada no campeiro diante
da porta do muíño, tiña o sono retraído, pola noite andivera algo
de troula, cousa que lle gustaba, a xente agardaba naquela eira que a
máquina se puxera en marcha, meu irmán seguro que durmía a pracer
sin darse conta que a máquina estaba parada, i a taberna cerrada,
Inocencio seguro que daría moitas voltas aquela maña na busca do
taberneiro. Xa pola noite nos voltamos da Coruña sabendo que eu
tería que pisar terras de Castela para facer a Mili i o paso de dez
meses aquelo converteuse en verdadeira realidade i non poder estar
nas mallas  do ano mil novecentos sesenta e cinco   cousa que eu
estrañaba.
Chegou
o ano mil novecentos sesenta e seis, eu   botei  as mallas da
barriada. 
E CHEGOU AQUELA
XORNADA,
DE SOL EU
CAMISA BRANCA,
DECIAME A QUE 
HOXE É A MIÑA AMADA,
VISTES CAMISA
QUE ME ENCANTA.
EU CON PEL
MORENA,
QUE COLLERA POR
MADRID,
HOXE A MIN DAME
 PENA,
QUE ESTA TAREFA
REMATASE ASÍ.
AS MALLAS MIÑA
DIVERSIÒN,
O TRIGO O 
ALIMENTO PREFERNTE,
HOXE A
PARROQUIA DE MAÑÓN,
NIN TRIGO, NIN
MALLAS, NIN XENTE.
![]()  | 
O pai de sete fillos mostra  con
orgullo o gando  que traballou  carretando as maquinas  trilladoras,
logo de acabar xuntábanse todos os veciños para uha gran
merenda.Senra ano 65. 
 | 
![]()  | 
| Pensando pensando, agora despois das
malllas, teremos que botar un grolo e dar de merendar ós veciños
que ben o teñen merecido. Parroquia de Ínsua. | 
![]()  | 
| Acabamos as mallas este ano foron frutuosas a miña neta tamen estivo con nosco. Senra ano 65. | 
Por Maruxa e Andrés






Moi bo o teu relato Andrés! Ademais da narrativa tamén lle dás á poesía! Parabéns!!!
ResponderEliminarSempre é un pracer escoitar falar de Mañón.!
Aquí outra mañonesa de corazón. Digna Polo
Preciosas fotos!
ResponderEliminar