|
José Dos Vidueiros |
As
feiras na Comarca do Ortegal, eu que non fun tratante de gando nin
vendedor ambulante de feiras, si puiden coñecer todas aquelas
feiras da comarca.
Dende
que tiven uso de razón,
Eu
viaxei aquelas feiras,
Comezando
na de Mañón,
I
logo achegarme a outras,
Algo
mais costeiras.
As
Parroquias da Comarca, tiñan o seu desenvolvemento o traveso das
feiras, i as veces saíndo a outras fora da Comarca, que serian As
Pontes,
Galdo,
e Viveiro, estas dúas últimas Provincia de Lugo.
Os
catro domingos de mes contabamos con feira, librando o quinto
domingo, cando o mes conta cinco, que chamamos domingo furado, as
feiras repartíanse así comezando primeiro Domingo do Mes, con
Loiba, i grañas do Sor, segundo Parroquia Galdo Concello de
Viveiro, terceiro San Claudio, i cuarto Mañón, o día Primeiro
de cada mes que podía ser día laborable, celebrábanse nas Pontes,
e Viveiro, i o día seis de cada mes a Barqueira, segundo sábado de
mes en Mañón, chamada feira Nova, ou tamén sábado de Galdo,
os quinces de mes feiras do Mediado, as Pontes, i Viveiro, i
rematabamos mes, o día vintenove coa de Mera Concello de Ortigueira,
logo había unha anual San Martiño Santa Marta de Ortigueira, once
de Novembro,
|
Mañón. Campo da Feira |
Aquelas
feiras de antes,
Que
había na Parroquia de Mañón,
Achegábanse
aqueles tratantes,
Cabalo,
montura, e bastón.
Eu
que sigo a vivir en Mañón,
Nesta
parroquia do rural,
Noto
moito a desaparición,
Das
feiras do Ortegal.
Agora
que falo de elas,
Pido
perdón si algo non conto ben,
A
Comarca aínda hoxe ten,
Si
quere, sitio para facelas.
Galicia
contaba con moitas feiras, en esta comarca as antes nomeadas eran o
medio de transaccións de gando, i produtos do noso rural, as
madrugadas enchían as corredoiras de xente, que se dirixía cara a
estas feiras i que para achegarse algunhas podía levar catro
horas o camiño, imaxinémonos o que sería
guindar por un animal ata unha feira que podía ser fora da comarca,
As Pontes ou a Barqueira, para os tratantes de gando vacún era
dificultoso dado que as veces tiñan que levar tenreiros de poucos
días
de vida, i así chegar a feira aquel lote que querían vender en
algunha de estas feiras, eu onde máis
teño viaxado foi a de San Claudio con ovellas, a viaxe podíame
levar tres horas, eu andaba lixeiro, había
que estar atento o canto do galo na madrugada, recordo na década
dos anos sesenta, mes de Setembro, levando un carneiro para vender
porque adoitaba a turrar, si mal non recordo deume setenta e oito
pesos, eu que xa saira
un pouco retrasado da casa, cando cheguei a Couzadoiro botouse unha
treboada que non deixaba andar, alí puiden meterme nun alpendre con
aquel animal, cando clarexou o ceo eu seguín a andar cara a
feira, i así poder vender o nomeado animal a unha persoa da
Comarca, i que quería para o seu rabaño de ovellas, a estas feiras
de San Claudio tamén teño viaxado en bicicleta, i tamén á
feira de Loiba, para mercar unhas zocas, pero eu quería destacar a
importancia das feiras da miña Parroquia de Mañón, feiras que ás
veces se acompañaban con festa de Patrón, en estas feiras había
de todo dende vacas, ovellas, porcos, galiñas, tendas, i toda
clase de mercadorías, comerciantes de toda a comarca, nas casetas
de pedra i lousa que aínda hoxe se poden ver alí na cima de este
campo da Feira, alí instalaban aqueles postos, non chegaban para
todos vendedores e vendedoras que se achegaban repito de toda a
comarca do Ortegal i o seu entorno, recordo aqueles coches de
Ortigueira cargados de matulas enriba na vaca i xente dentro, o son
da feira podíase escoitar a un quilometro a redonda sempre que o
vento o permitise, os ventos entran moi fácil neste campo da feira.
A feira de Maio, día
de feira e festa había
carreira de bestas dende o Cruceiro da Castiñeira ata feira das
vacas, en unha de estas carreiras rexistrouse un atropelo de unha
persoa sen causarlle a morte, eu con so oito ou nove anos, xa vía
aquela cantidade de xente que pasaba por aquel sendeiro
preto de onde eu estaba alindar as vacas nun cómbaro,
EU
QUE NON COÑECÍA A NINGUÉN,
DECÍAME
BOS DÍAS NENIÑO,
E
LOGO ALINDAS BEN,
TRES
VACAS ASÍ SOÍÑO.
Aquel
era un sendeiro por onde pasaba repito tanta xente da parroquia de
Riobarba,
i outras Concello do Vicedo i Viveiro, i que pasaban por esa ponte
Romana por enriba do Rio Sor, i que era un ir e vir de xente para
ditas feiras. Eu miraba moito para aquelas persoas, que algunhas
viñan montados a cabalo, i boas eguas, eu preguntaba como podían
estar tan mantidos aqueles animais, naqueles tempos aínda de
pouca abundancia,
AGORA
XA NON PERDURA,
NADA
DE AQUEL SENDEIRO,
POR
ONDE PASABA AQUEL CURA,
I
MEU PRIMO, O CARTEIRO.
eu
o que máis receaba era o paso do cura, el pelexaba con miña nai
para que me deixara ir con el para o seminario de Mondoñedo, eu de
aquilo non quería entender, estou a falar dos anos mil novecentos
cincuenta, e
mil
novecentos cincuenta e un, cando eu contaba so sete anos, logo eu que
ía
medrando seguín pasando por estas feiras da Comarca, como xa dixen
antes eu non fun tratante, pero criador de ovellas, cousa que xa o
fixeran meus pais i meus tíos, i a min gustábame mais aquilo que ir
para Mondoñedo a encerrarme no Seminario, anque podía ter mellor
futuro.
Guindei
por moitas ovellas para estas feiras na maior parte para San Claudio
como xa dixen antes cando fun a vender aquel carneiro. Recordo un de
aqueles terceiros domingo de mes ir ata corte para coller cinco
animais que eu destinara para vender, atei unha ovella como guía, i
un carneiro, un cordeiro seguía a súa nai, dous cordeiros que
incorporaba o rabaño de outra ovella non quixeron camiñar cara a
feira, nada mais saír da casa colleron viaxe cara o monte atados un
de outro, estaba acabando de amencer, eu sen perder tempo en collelos
seguín camiño da feira guindando por aqueles animais, que vendín
nada mais chegar, aquela feira había bos prezos, cando volvín da
feira fun a buscar aqueles dous animais que de mañá marcharan ó
monte, contaba encontralos aforcados pero tiven sorte que non.
Falando
de tratantes de ovellas, quería dicir, que eu recordo moito a José
e Manuel de Bidueiros, con aqueles rabaños de cabras i ovellas,
todos os Domingos de Galdo pasaban polo camiño Real da ponte do
Porto cara o alto do Foxo, eu estaba a xogar á pelota con outros
rapaces en aquel campeiro por onde pasaban con aquel rabaño de
animais, i que o domingo seguente estaban na feira de San
Claudio para vender todo o rabaño, que podían ser máis de
cincuenta cabezas, eu que andaba por alí miraba aqueles animais
que aia oito días vira pasar polo camiño Real do monte do
coto da Casanova, eu miraba aqueles carneiros dos cornos
retorneados, facíame recordar aquel que tiñan meus pais i que eu
máis meu irmán poñiámonos de a cabalo i conducilo como si
fora unha moto i así baixar aquela congostra a toda velocidade,
así foi o tempo da
miña
xuventude en aqueles tempos de feiras e festas na mariña i
no
rural.
O
RECORDO AQUELAS FESTAS,
NA
PARROQUIA DE MAÑÓN,
AQUELAS
ANTIGAS ORQUESTAS,
CAIXA,
BOMBO, E SESAFÓN.
Andrés de Mañón