martes, 18 de diciembre de 2012

RECITAL DE NADAL


Así é o meu recital,
con cariño i de esta maneira,
á comarca do Ortegal,
Santa Marta de Ortigueira.

Hai xente que non esquece,
as panxoliñas de Nadal,
i recibir o dous mil trece,
de xeito moi especial.

Para poñer o Belén
no sitio mais axeitado,
i darlle o meu parabén
quen teña o neno mais acurrunchado.


A nosa Galicia costeira,
a nosa Galicia rural,
digo que é moi esencial,
vivir o Nadal de esta maneira.

Dende o meu rural de Mañón,
cariño para o recén,
que camiño de Belén,
sairá representación.

Melchor Gaspar i Baltasar,
van camiño de Belén,
o Ortegal está a xuntar,
agasallos para o Recén.

Repito dende este punto,
cantemos as panxoliñas,
para nenos e meniñas,
I para todos que Deus,
traia alimento i paz no Mundo.


Andrés

1 comentario:

  1. Andrés como ves, estou facendo un seguimento deste blogue e dos teus traballos. Ánimo!!! Parabéns por este recital.!
    MªDigna Polo

    ResponderEliminar