Según a lenda a
parroquia de San Claudio encontrábase situada entre o que hoxe lle
chaman Mouriños, A Nogueira A Calloga e Barco Feito. Nese entorno
estaba a Igrexa e arredor mil habitantes, despois de un gran
terremoto inundouse todo, quedando todo o pobo somerxido, e dende
entón a ese lugar chámase Tristimil. Algún antergo contaba que
había persoas que aínda se acordaban de ver a punta da torre da
Igrexa, cousa que xa dudo un pouco.
Seguindo falando de
lendas e da misma parroquia, dise que existiu unha mina de Cobre,
desta lenda quero dicir que me parece que pode haber moito de certo
por non dicir que si é certo, pois, entre os lugares de Curro,
Casanova, Bodeguiña e Goimel existe un regato chamado Cano da Mina,
e na miña acordanza entre os lugares de A Bodeguiña e Goimel
existían uns socabóns de dous ou tres metros de diámetro nas que
se podía apreciar claramente que en ambas direccións existían
unhas covas como galerías, e nos terreos que naqueles tempos se
traballaban na marxen do chamado Cano da Mina en vez de pedras como
na maioría dos terreos. A maioría eran pedras de escoria de Cobre,
entre o lugar de pousada e Bodeguiña hai unhas leiras chamadas
Venaqueira que quere dicir vena ou veta da mina, esta mina non foi
cerrada porque a súa explotación non fose rentable, foi pola mala
xestión administrativa.
Seguimos falando da mesma
parroquia e vamos ás raíces da festa da Xilde, parece ser que as
raíces do que hoxe é coñecida como a festa da Xilde naceu polos
anos despois da guerra promovida por un mestre destinado nese lugar e
nace co nome de festa da árbore pois dito mestre xuntaba a todos os
mozos de San Claudio o segundo domingo do mes de Maio invitándoos a
unha merenda e a plantar unha árbore, anos máis tarde pasou ser
festa da Xilde.
Entre os anos 1959 e
1961 constrúese unha pequena capela facéndoa un pouco mas grande
anos mas tarde, a Virxe dos desamparados foi enviada desde Valencia
por Don Xosé María Seoane Sierra, tenente de oficinas militares,
destinado por aquel entón en Valencia, a campá creo que foi doada
por don Vicente Piñeiro Senra e Dona Mª Dolores Seoane Sierra
emigrantes en Venezuela. Quero dicir que o día que se inaugurou foi
todo un acontecemento nunca se vira semellante concentración de
xente na Xilde pois todo o que son as chaeiras de A Xilde,
Lastigueira e a Venta, estaban tapadas por cabezas humanas, por
primeira vez víase chegar un coche á Xilde, era o coche do Bispo,
pois a pista que uniu a Xilde coa estrada Ferrol-Viveiro inaugurouse
o 12-10-1971, facéndose unha gran sardiñada na eira do Camiño
Grande, que por certo, para ser a pista de estreo tivemos que sacar
os coches a man pois a pista soamente era de terra e a xunta da tarde
deulle por chover e converteuse nunha pista de patinaxe,o que non
tiña coche tamén patinaba pois a parte de chover por fora tamén
choveu por dentro.
Quero dicir tamén que a
primeira corrente que houbo en San Claudio a 220 V foi nos lugares de
A Bodegiña e Goimel alumeou por primeira vez o 27-8-1958.
Bueno quero dicir que San
Claudio non é un pobo basado en lendas, pois era un dos pobos mas
prósperos da comarca, contaba cunha feira cada terceiro domingo do
mes onde se compraba e vendía toda clase de animais e productos
agrícolas, tiña cine O Mesón, tres salóns de baile, salón de
Graña, salón de Chentola e salón de Tras do Rio, tiña unha
cerámica onde se facían ladrillos e tellas, tiña tres equipos de
mallar o trigo conpostos por motor, trilladora e limpadora, tiña
aserradeiro de madeira, catro panaderías casa Juana, Rodrigo do
Cristo, José Mera e casa Serapio tiña sete muíños de auga o muíño
do Mar, muíño de Candales, muíño de Andrés de Pepa, muíño de
Pajón, muíño da Rega, muíño do Curro e muiño de Pormadelos,
tiña un muíño eléctrico o de Andrés Fernandez (o manco) tiña
sete forxas as de Parapar e Cobelo na Xilde, Marcos Mauriz no Orxado,
Cordido nos Palmarios,Vicente Pinón na Bodeguiña, Andrés Rodríguez
Graña, no Grañeiro e Ramón Piñeiro no Outeiro, tiña dúas fondas
casa Graña e o Mesón, tiña carnicería o Mesón, e varios
establecementos mixtos,como o Ventorrillo, o Almacén(casa Ferro) o
Pichel, casa Chao, casa Pernas, casa Paco do Cristo, casa Pancholo,
Bar do Mesón, casa Chentola, casa o Grañés, casa Pepito Lindo e
casa Rodrigo, tamén tiña algún quincalleiro como a Remosca, o
Lisco e Ofelia do Lagarnovo, tiña talleres de costura como o de
Josefa Cornide, Antonia Rodriguez, Ilda Rodríguez e Pepa da Rega de
onde saliron moitas e voas modistas.
Tiña empresa de
construcións de carretera como era empresa Piñeiro, hoxe empresa
Piñeiro Lopez .S.L, tiña zoqueiros como Baldomero Gómez na Rega,
José Picos en Insuela e Benito Fernández no Lagarnovo, tiña médico
pero non un médico calquera era un médico especialista en Raios X e
ciruxía como era o Doutor Don Bernardo Escudero. Tiña dous
estancos casa Peña e casa Graña, dúas barberías a de Pajón e de
José Area Villalba, contaba co segundo mellor taller de mecánica
despois de Chavín dende Ferrol a Ribadeo, era o taller dos irmáns
Rodríguez do Correo, no lugar da Armada pódese dicir que foi onde
naceron os eólicos, pois con unha dinamo movida por unhas aspas ca
forza do vento producían corrente para consumo propio, tiña
xastrería de José Seoane Sierra na Figueira, tiña cinco
zapateiros, Salvador Seoane no Xestal, José Corgos na Casilla, Xesús
Pérez nos Palmarios, José Fojo en Alvariños e Alfonso de Urbano
entre a Lastra e a Galiñeira. Referente a o ensino, cultura e
educación foi unha aldea onde pasaron mestres da calidade como,
Novás, Don Casto, Dona Dolores, Don Avelino, Don Jesús, Felpeto,
Dona Cándida, Don Antonio, Dona María, Don Paco e Don Ramón,
estes mestres impartían clases en locales habilitados para tal
fin, pois en aquel entón non había escolar, as clases dábanse no
salón de Tras do Río, salón de Chentola e para os nenos do alto de
San Claudio habilitouse un local na Xilde, máis tarde polos anos mil
novecentos vinte e pico os Indianos emigrados na diáspora xuntaron
cartos para facer un escolar, este escolar contaba con sotano,1ª e
2ª planta e faiado, equipárona cunha cociña de gas para que os
nenos poideran tomar leite quente no inverno, este leite facíase
con auga fervida e leite en po, tiñan máquina de escribir para que
os nenos e as nenas aprenderan a escribir a máquina, ectamén a
dotaron de unha maáquina de coser de pé para que as nenas
aprenderan a coser, este edificio hoxe e patrimonio da parroquia e
foi remodelado ca mais moderna tenoloxóa ee un dos centros sociales
mellores da comarca,eu ,e sopoño que todos os de San Claudio quero
ter un recordo moi especial e un agradecemento a todos eses indianos
que coa dor que supón a morriña de estar lonxe da terra non
escatimaron esforzos para que San Claudio non quedase atrás no
ensino. Respeto a cultura musical San Claudio foi un viveiro de
músicos para as distintas formacións musicais da bisbarra podemos
citar a Pajón, Rodrigo Doce Carrrodeguas, Anselmo Seoane Sierra,
Tucho Peña Corgos, Carlos Piñón Villalba, Fracisco Castro Seoane,
José Duran Pego(Pepulo) Luis Fraga (Luis de Pichel) Fernando do
Viudo, Eduardo e Juan Villar Villar,Jesús Breijo (Suso de Valelle)
Daniel Méndez (Daniel do Plantío) Antón Cornide(Chucho de Faxín)
Francisco Pérez (Farruco) José Cornide (Becos) Manuel Fojo Cortés
(Manolito de Foxo), a mala sorte quixo que se truncara unha promesa
da música, pois sendo moi xoven dirixíanse a tocar á parte de
Viveiro no autocar de Pena Boa das (Barbelas) A Barqueira, nas curvas
de Escourido o autocar volcou e con tal mala sorte Manolito e un
compañeiro chamado Roibas quedaron atrapados debaixo do autocar
perdendo a vida, a música que era para bailar e dar alegría quedou
de loito pola perda de estas dúas persoas e dos talentos musicais.
Na cultura do deporte o C.F Mezquita era un dos equipos máis
competitivos da comarca, contaba nas súas filas con xente como
Jesús e Julio Seoane Sierra, Luciano,Cesario e José Alonso(Os de
Montes) Vicente Piñeiro Senra, Nicanor Martínez, Baldomero Álvarez
(Vevito) Antonio e Manuel Iglesias Barrro, Conrado Barro
Cornide,Vicente Cornide (Chente do Coto)Tucho Peña Corgos, Manuel
Rodríguez (Zamora) Manolo e Pepito de Viveiro, José Gómez(Pepe da
Ouvella Queixo) Carlos Gómez Piñeiro ( O Serrano) Javier Gómez
Ínsua,Constantino Pérez Ínsua (Tinolo) Ramón Piñón Villalba,
Mario Doce Ínsua(Cachito) José Manuel Peña Fraguela (Pichón)
e Francisco Castro Seoane, Fracisco e José Lorenzo Area.
San Claudio tamén tocou
a rama do séptimo arte pois representou con gran éxito dúas veces
en San Claudio unha en San Adrian e outra en Ortigueira a mellor obra
de Castelao “Os Vellos non deben Namorarse”,na que tiven o placer
de compartir reparto cos protagonistas da misma, eu facía o papel de
Dn Ramón un vello rico,verde e borracho,(quero decir que o papel de
borracho non me custou moito caro facelo,pois na queles tempos tiñao
ben esaiado) dede aquí quero ter un recodo e un agrdecemento moi
especial a on oso director, Ramón Piñon Villalba Q.E.P. D. a
Antonio Martínez Pereira e José Ramon Doce Seoane pois sin estas
tres persoas sería imposible representar xemellante obra.
Quero lembrar dúas
construcións simbólicas en San Claudio que foron construídas alá
polos anos 1915 e 1925 por un mestre de obras de Ortigueira chamado
Román digo eu que sería o pai do que foi arquitecto do Axuntamento
Dn Alfonso Román,estas edificacións son o chalet de Carelle hoxe
propiedade de Manuel Vilela e Isabel Mera, e a outra e o chalet de
Peña, hoxe propiedade de José manuel Franco Caaveiro(Cheivan) e
Matilde Martinez,digo que son sinbólicas porque creo que non houbo
parella de noivos que casaran na Igrexia de San Claudio que non
sacasen fotos diante destes chales cas súas palmeras e as súas
galerías de fondo,e simbólico para min porque meu avó emigrou a
Cuba e por desgracia como outros tantos voltou con unha man diante e
outra atrás, pero, iso si, trouxo varios baúis cargados de
ferramenta para traballar a madeira, naqueles tempos non abia por
estes contornos talleres de carpintería de madeira e meu avó foi
quen fixo esas bonitas cornixas e galerías. Bueno vou facer un alto
no camiño, pois mas adiante gustaríame sacar a luz unha faceta que
teño gardada no baúl dos recordos dende hay moito tempo como e a
faceta do humor,p ois meu avó e máis eu tiñamos unha empresa de
non facer nada onde traballábamos os dos soos e eu era o encargado
do personal,e como di o refran que en tódolos traballos se fuma
cando nos sentábamos a fumar un pitillo meu avó facíame contos os
cales teño gardados porque non vin un oco pa lanzalos á luz, pois
morreu Eugenio, Miguel Gila,desfixéronse Martes e Trece e Cruz e
Raia pero sempre sale algún intruso como por ejmplo algúns
políticos que non saben como teñen que facer as cousas entón
dedícanse a contarnos contos.Quero decir que se isto sale a luz é
gracias a unha persoa de unha calidade humana fenomenal e con tanta
paciencia como a area ten un deserto, pois sin esta persoa eu non
seria capaz de facer isto,esta persoa e Verónica Barcón, gracias
Verónica.
Bueno non se me ben mas
nada á miña cachola, soamente pedir desculpas si algúns datos non
son exactos, espero que alguén se quere e pode que colabore o meo
escrito e se pode aportar algún dato ou fotografía sobre o
particular quedarei moi agradecido.
GOIMEL
Noraboa polo relato, sempre me gusta coñecer a historia e aprender cousas novas sobre a miña parroquia,na miña casa hai unha foto do equipo de futbol con meu abuelo Luciano(Montes), un saudo.Marta
ResponderEliminarco voso permiso comparto.Marta
ResponderEliminar