Bertóns recheos
Ingredientes:
Bertóns, restos da carne do cocido , fariña, caldo limpo, ovos, aceite e cebola (opcional).
Escaldar os bertóns e logo metelos en auga fría. Deixalos arrefriar.
Sofre ir a cebola picada. Mezclala coa carne trocada miúda , engadir os ovos ( batexados ou ao natural). Remexer todo e deixar repousar un anaco.
Ir recheando os bertóns coa carne e pechalos. Logo rebozalos en fariña e ovo, freílos e poñelos no caldo limpo e cocelos uns 20 minutos a lume baixo.
Fricasé de carne ou cocido pobre
Ingredientes:
Garavanzos, pito da casa, carne de porco ou vitela con óso, un anaco de xamón, chourizos, cebola, tomate, pementos de lata, loureiro, cravo, azafrán, viño branco, aceite e sal. Allo e pirixel para o amoado.
A véspera poñer os garavanzos a mollo e trocear a carne en anacos pequenos, rebozala co amoado de allo, pirixel, sal e aceite.
Cocer os garavanzos en auga con sal e unha cebola cuns cravos chantados.
Dourar a carne nunha tixola e logo poñela na pota onde imos facer o fricasé.
Colamos o aceite da tixola e pochamos a cebola e o tomate. Logo botámosllo enriba da carne co viño branco. Deixámolo cocer uns minutos, engadímoslle auga, azafrán, o chourizo e o xamón picados e o loureiro. Cocer ata que todo estexa tenro.
Mesturar todo xunto e picar os pementos engadímosllos tamén, deixar cocer uns minutos todo xunto e logo deixar repousar aló menos uns 10 minutos.
Torta batida de améndoa
Ingredientes:
12 ovos, ½ kg de azucre, ½ kg de
améndoa moída e pasta quebrada.
Batuxar os ovos co azucre ata que
aumenten o dobre ou triple do volume logo añádeselle pouco a
pouco as améndoas pero sen batuxar, solo remexendo.
Ponse unha base de masa quebrada no
fondo logo añádese o batido a por riba bótaselle azucre, métese
ao forno xa quente a uns 180º unhos 45 minutos máis ou menos.
Mª Carmen Villalba
No hay comentarios:
Publicar un comentario