lunes, 18 de junio de 2012

Afundimento do Clovelly

Afundimento do Ship Steam Clovelly

O Clovelly: O 17 de xaneiro de 1926, o barco británico de 76 metros de eslora, cun cargamento de carbón procedente de CARDIFF (Marrocos), encallou na Barra de Ortigueira  fronte ao Cabo Ortegal.
Motivos? Posiblemente avaría do timón na ría, e outra opción pode ser que a enfilase mal. O capitán mandou botar unha áncora pola borda (popa), baixou nunha lancha o segundo oficial e un mariñeiro, de súpeto veu un forte golpe de mar e arrastrounos aos dous, faleceron ambos os dous. A xente de Espasante, que contemplou todo saíron cos seus barcos a rescatar a tripulación e ao Capitán, minutos despois a caldeira do barco explotou e a  xente de Ortigueira foi a mirar dende Ladrido. Despois duns días apareceu o corpo do segundo oficial. Había un dilema non sabían se era católico ou protestante. O cura de Ladrido mandou enterralo no cemiterio, porque contan que cando o oficial caeu ao mar elevou os brazos ao Ceo como pedindo Clemencia. Era católico. Ao pouco tempo apareceu o cadáver do mariñeiro, que era hindú e o enterraron no civil.


Matilde Bahamonde

No hay comentarios:

Publicar un comentario