martes, 19 de junio de 2012

A Lenda do Bicho da Barra


A ría de Ortigueira comprende o espacio entre o Cabo Ortegal e a Estaca de Bares. É un dos espacios naturais protexidos de Galicia.
Frente aos areais de San Martiño e Cabalar, preto da Illa de San Vicente, hai unha gran língua de area coñecida como A Barra.
Hai unha lenda que dí que vivía un “Bicho” debaixo da area preto de Laxás. Os que o viron dicían que era coma un dragón e a xente fuxía cando o vía. Os habitantes da vila pedíronlle a Santa Marta, a patroa de Ortigueira, que lles axudara a desfacerse del. Algúns din que a Santa conseguira matalo, pero outros contan que non, que aínda está por alí e que pode aparecer algún día.
Unha copla popular así o asegura:

A xente da Vila
que diga o que queira
pero eu vin ao Bicho
choupando na Tremoeira.





Mª José Villalba

No hay comentarios:

Publicar un comentario