martes, 12 de junio de 2012

Accidente aéreo



ACCIDENTE AÉREO EN SAN ADRIAN DE VEIGA

Contan que o 15 de Novembro de 1942, un cazabombardeiro P-38 Lightning ,chamado Lóstrego construído por Clarence "kelly" Johnson enxeñeiro da Lockheed, estrelouse en San Adrián de Veiga Provincia da Coruña.

O cazabombardeiro era pilotado polo primeiro tenente Robert Newton Chenoweth, un mozo californiano de 24 anos que a súa misión era chegar ata Xibraltar dende Chivenor en Inglaterra, para dirixirse ata a base aérea de Tafaraoui (Argelia). Para evitar que os detectasen os radares alemáns mantiveron unha altura de 500 pés, para despois volver coller altura e chegar a ascender 5000 pés e bordear a península.

A mala sorte do piloto foi atopar néboa sobre a costa da península perdendo de vista ao guía que o acompañaba un B-26 Merodeador (o cal foi o que conseguiu chegar ao seu destino) e o primeiro tenente Chenowth estrelouse contra o monte Mato morrendo sobre a 3 da tarde.

O piloto californiano morreu aos 24 anos e foi enterrado no cemiterio de Veiga fóra do camposanto.

O 8 de Agosto de 1946 os restos foron exhumados e trasladouse ao cemiterio do St. Avold en Francia.

Contan xentes de San Adrián que os restos do cazabombardeiro foron recollidos por veciños, para vendelos como ferralla.





Ana Piñón



No hay comentarios:

Publicar un comentario