lunes, 23 de julio de 2012

A LENDA DOS NOSOS ANTERGOS





Según a lenda a parroquia de San Claudio encontrábase situada entre o que hoxe lle chaman Mouriños, A Nogueira A Calloga e Barco Feito. Nese entorno estaba a Igrexa e arredor mil habitantes, despois de un gran terremoto inundouse todo, quedando todo o pobo somerxido, e dende entón a ese lugar chámase Tristimil. Algún antergo contaba que había persoas que aínda se acordaban de ver a punta da torre da Igrexa, cousa que xa dudo un pouco.

Seguindo falando de lendas e da misma parroquia, dise que existiu unha mina de Cobre, desta lenda quero dicir que me parece que pode haber moito de certo por non dicir que si é certo, pois, entre os lugares de Curro, Casanova, Bodeguiña e Goimel existe un regato chamado Cano da Mina, e na miña acordanza entre os lugares de A Bodeguiña e Goimel existían uns socabóns de dous ou tres metros de diámetro nas que se podía apreciar claramente que en ambas direccións existían unhas covas como galerías, e nos terreos que naqueles tempos se traballaban na marxen do chamado Cano da Mina en vez de pedras como na maioría dos terreos. A maioría eran pedras de escoria de Cobre, entre o lugar de pousada e Bodeguiña hai unhas leiras chamadas Venaqueira que quere dicir vena ou veta da mina, esta mina non foi cerrada porque a súa explotación non fose rentable, foi pola mala xestión administrativa.
Seguimos falando da mesma parroquia e vamos ás raíces da festa da Xilde, parece ser que as raíces do que hoxe é coñecida como a festa da Xilde naceu polos anos despois da guerra promovida por un mestre destinado nese lugar e nace co nome de festa da árbore pois dito mestre xuntaba a todos os mozos de San Claudio o segundo domingo do mes de Maio invitándoos a unha merenda e a plantar unha árbore, anos máis tarde pasou ser festa da Xilde.
Entre os anos 1959 e 1961 constrúese unha pequena capela facéndoa un pouco mas grande anos mas tarde, a Virxe dos desamparados foi enviada desde Valencia por Don Xosé María Seoane Sierra, tenente de oficinas militares, destinado por aquel entón en Valencia, a campá creo que foi doada por don Vicente Piñeiro Senra e Dona Mª Dolores Seoane Sierra emigrantes en Venezuela. Quero dicir que o día que se inaugurou foi todo un acontecemento nunca se vira semellante concentración de xente na Xilde pois todo o que son as chaeiras de A Xilde, Lastigueira e a Venta, estaban tapadas por cabezas humanas, por primeira vez víase chegar un coche á Xilde, era o coche do Bispo, pois a pista que uniu a Xilde coa estrada Ferrol-Viveiro inaugurouse o 12-10-1971, facéndose unha gran sardiñada na eira do Camiño Grande, que por certo, para ser a pista de estreo tivemos que sacar os coches a man pois a pista soamente era de terra e a xunta da tarde deulle por chover e converteuse nunha pista de patinaxe,o que non tiña coche tamén patinaba pois a parte de chover por fora tamén choveu por dentro.
Quero dicir tamén que a primeira corrente que houbo en San Claudio a 220 V foi nos lugares de A Bodegiña e Goimel alumeou por primeira vez o 27-8-1958.
Bueno quero dicir que San Claudio non é un pobo basado en lendas, pois era un dos pobos mas prósperos da comarca, contaba cunha feira cada terceiro domingo do mes onde se compraba e vendía toda clase de animais e productos agrícolas, tiña cine O Mesón, tres salóns de baile, salón de Graña, salón de Chentola e salón de Tras do Rio, tiña unha cerámica onde se facían ladrillos e tellas, tiña tres equipos de mallar o trigo conpostos por motor, trilladora e limpadora, tiña aserradeiro de madeira, catro panaderías casa Juana, Rodrigo do Cristo, José Mera e casa Serapio tiña sete muíños de auga o muíño do Mar, muíño de Candales, muíño de Andrés de Pepa, muíño de Pajón, muíño da Rega, muíño do Curro e muiño de Pormadelos, tiña un muíño eléctrico o de Andrés Fernandez (o manco) tiña sete forxas as de Parapar e Cobelo na Xilde, Marcos Mauriz no Orxado, Cordido nos Palmarios,Vicente Pinón na Bodeguiña, Andrés Rodríguez Graña, no Grañeiro e Ramón Piñeiro no Outeiro, tiña dúas fondas casa Graña e o Mesón, tiña carnicería o Mesón, e varios establecementos mixtos,como o Ventorrillo, o Almacén(casa Ferro) o Pichel, casa Chao, casa Pernas, casa Paco do Cristo, casa Pancholo, Bar do Mesón, casa Chentola, casa o Grañés, casa Pepito Lindo e casa Rodrigo, tamén tiña algún quincalleiro como a Remosca, o Lisco e Ofelia do Lagarnovo, tiña talleres de costura como o de Josefa Cornide, Antonia Rodriguez, Ilda Rodríguez e Pepa da Rega de onde saliron moitas e voas modistas.
Tiña empresa de construcións de carretera como era empresa Piñeiro, hoxe empresa Piñeiro Lopez .S.L, tiña zoqueiros como Baldomero Gómez na Rega, José Picos en Insuela e Benito Fernández no Lagarnovo, tiña médico pero non un médico calquera era un médico especialista en Raios X e ciruxía como era o Doutor Don Bernardo Escudero. Tiña dous estancos casa Peña e casa Graña, dúas barberías a de Pajón e de José Area Villalba, contaba co segundo mellor taller de mecánica despois de Chavín dende Ferrol a Ribadeo, era o taller dos irmáns Rodríguez do Correo, no lugar da Armada pódese dicir que foi onde naceron os eólicos, pois con unha dinamo movida por unhas aspas ca forza do vento producían corrente para consumo propio, tiña xastrería de José Seoane Sierra na Figueira, tiña cinco zapateiros, Salvador Seoane no Xestal, José Corgos na Casilla, Xesús Pérez nos Palmarios, José Fojo en Alvariños e Alfonso de Urbano entre a Lastra e a Galiñeira. Referente a o ensino, cultura e educación foi unha aldea onde pasaron mestres da calidade como, Novás, Don Casto, Dona Dolores, Don Avelino, Don Jesús, Felpeto, Dona Cándida, Don Antonio, Dona María, Don Paco e Don Ramón, estes mestres impartían clases en locales habilitados para tal fin, pois en aquel entón non había escolar, as clases dábanse no salón de Tras do Río, salón de Chentola e para os nenos do alto de San Claudio habilitouse un local na Xilde, máis tarde polos anos mil novecentos vinte e pico os Indianos emigrados na diáspora xuntaron cartos para facer un escolar, este escolar contaba con sotano,1ª e 2ª planta e faiado, equipárona cunha cociña de gas para que os nenos poideran tomar leite quente no inverno, este leite facíase con auga fervida e leite en po, tiñan máquina de escribir para que os nenos e as nenas aprenderan a escribir a máquina, ectamén a dotaron de unha maáquina de coser de pé para que as nenas aprenderan a coser, este edificio hoxe e patrimonio da parroquia e foi remodelado ca mais moderna tenoloxóa ee un dos centros sociales mellores da comarca,eu ,e sopoño que todos os de San Claudio quero ter un recordo moi especial e un agradecemento a todos eses indianos que coa dor que supón a morriña de estar lonxe da terra non escatimaron esforzos para que San Claudio non quedase atrás no ensino. Respeto a cultura musical San Claudio foi un viveiro de músicos para as distintas formacións musicais da bisbarra podemos citar a Pajón, Rodrigo Doce Carrrodeguas, Anselmo Seoane Sierra, Tucho Peña Corgos, Carlos Piñón Villalba, Fracisco Castro Seoane, José Duran Pego(Pepulo) Luis Fraga (Luis de Pichel) Fernando do Viudo, Eduardo e Juan Villar Villar,Jesús Breijo (Suso de Valelle) Daniel Méndez (Daniel do Plantío) Antón Cornide(Chucho de Faxín) Francisco Pérez (Farruco) José Cornide (Becos) Manuel Fojo Cortés (Manolito de Foxo), a mala sorte quixo que se truncara unha promesa da música, pois sendo moi xoven dirixíanse a tocar á parte de Viveiro no autocar de Pena Boa das (Barbelas) A Barqueira, nas curvas de Escourido o autocar volcou e con tal mala sorte Manolito e un compañeiro chamado Roibas quedaron atrapados debaixo do autocar perdendo a vida, a música que era para bailar e dar alegría quedou de loito pola perda de estas dúas persoas e dos talentos musicais. Na cultura do deporte o C.F Mezquita era un dos equipos máis competitivos da comarca, contaba nas súas filas con xente como Jesús e Julio Seoane Sierra, Luciano,Cesario e José Alonso(Os de Montes) Vicente Piñeiro Senra, Nicanor Martínez, Baldomero Álvarez (Vevito) Antonio e Manuel Iglesias Barrro, Conrado Barro Cornide,Vicente Cornide (Chente do Coto)Tucho Peña Corgos, Manuel Rodríguez (Zamora) Manolo e Pepito de Viveiro, José Gómez(Pepe da Ouvella Queixo) Carlos Gómez Piñeiro ( O Serrano) Javier Gómez Ínsua,Constantino Pérez Ínsua (Tinolo) Ramón Piñón Villalba, Mario Doce Ínsua(Cachito) José Manuel Peña Fraguela (Pichón) e Francisco Castro Seoane, Fracisco e José Lorenzo Area.
San Claudio tamén tocou a rama do séptimo arte pois representou con gran éxito dúas veces en San Claudio unha en San Adrian e outra en Ortigueira a mellor obra de Castelao “Os Vellos non deben Namorarse”,na que tiven o placer de compartir reparto cos protagonistas da misma, eu facía o papel de Dn Ramón un vello rico,verde e borracho,(quero decir que o papel de borracho non me custou moito caro facelo,pois na queles tempos tiñao ben esaiado) dede aquí quero ter un recodo e un agrdecemento moi especial a on oso director, Ramón Piñon Villalba Q.E.P. D. a Antonio Martínez Pereira e José Ramon Doce Seoane pois sin estas tres persoas sería imposible representar xemellante obra.
Quero lembrar dúas construcións simbólicas en San Claudio que foron construídas alá polos anos 1915 e 1925 por un mestre de obras de Ortigueira chamado Román digo eu que sería o pai do que foi arquitecto do Axuntamento Dn Alfonso Román,estas edificacións son o chalet de Carelle hoxe propiedade de Manuel Vilela e Isabel Mera, e a outra e o chalet de Peña, hoxe propiedade de José manuel Franco Caaveiro(Cheivan) e Matilde Martinez,digo que son sinbólicas porque creo que non houbo parella de noivos que casaran na Igrexia de San Claudio que non sacasen fotos diante destes chales cas súas palmeras e as súas galerías de fondo,e simbólico para min porque meu avó emigrou a Cuba e por desgracia como outros tantos voltou con unha man diante e outra atrás, pero, iso si, trouxo varios baúis cargados de ferramenta para traballar a madeira, naqueles tempos non abia por estes contornos talleres de carpintería de madeira e meu avó foi quen fixo esas bonitas cornixas e galerías. Bueno vou facer un alto no camiño, pois mas adiante gustaríame sacar a luz unha faceta que teño gardada no baúl dos recordos dende hay moito tempo como e a faceta do humor,p ois meu avó e máis eu tiñamos unha empresa de non facer nada onde traballábamos os dos soos e eu era o encargado do personal,e como di o refran que en tódolos traballos se fuma cando nos sentábamos a fumar un pitillo meu avó facíame contos os cales teño gardados porque non vin un oco pa lanzalos á luz, pois morreu Eugenio, Miguel Gila,desfixéronse Martes e Trece e Cruz e Raia pero sempre sale algún intruso como por ejmplo algúns políticos que non saben como teñen que facer as cousas entón dedícanse a contarnos contos.Quero decir que se isto sale a luz é gracias a unha persoa de unha calidade humana fenomenal e con tanta paciencia como a area ten un deserto, pois sin esta persoa eu non seria capaz de facer isto,esta persoa e Verónica Barcón, gracias Verónica.


Bueno non se me ben mas nada á miña cachola, soamente pedir desculpas si algúns datos non son exactos, espero que alguén se quere e pode que colabore o meo escrito e se pode aportar algún dato ou fotografía sobre o particular quedarei moi agradecido.

GOIMEL



2 comentarios:

  1. Noraboa polo relato, sempre me gusta coñecer a historia e aprender cousas novas sobre a miña parroquia,na miña casa hai unha foto do equipo de futbol con meu abuelo Luciano(Montes), un saudo.Marta

    ResponderEliminar
  2. co voso permiso comparto.Marta

    ResponderEliminar