lunes, 16 de julio de 2012

A LENDA DA RAÍÑA FALADOIRA DA SERRA

Conta unha lenda que alá pola Idade Media en Galicia mandaba un rei suevo chamado Resismundo e maila súa dona, a raíña Hidelfrida.

Ao rei andábanlle con trouladas sobre da súa esposa. Contábanlle que lle era infiel e que despreciaba aos seus fillos.

O rei ordenou castigar a Hildefrida, aínda que ela negaba tódalas cousas que se dicían dela. Resismundo mandou enterrala viva no alto da serra, alá onde soamente viven as aguias e poucas máis especies de animais.

Ela non facía máis ca chorar e queixarse chea de dor e desacougo pois sabía que era inocente e ninguén a ía axudar a saír daquela tumba.

Por iso hai xente que di que os que por alí van aínda hoxe se escoitan os seus queixumes polo medio das penas, alá enriba no que hoxe lle chaman a Serra da Faladoira.



Mª José Villalba

No hay comentarios:

Publicar un comentario