miércoles, 30 de enero de 2013

As mallas

 
Hoxe aínda é o día que me lembro de unha tarefa que tiña o rural galego, a tarefa do trigo, para min a recollida de este cereal era tarefa de diversión, cando eu era un cativo do lindeiro, década dos anos cincuenta, o mes de Agosto pedíase que fora de Sol, para poder recoller, repito este cereal, e poder mallar na eira cando chegaran aquelas máquinas para mallalo, as eiras estaban preto das casas, era un terreo, que se limpaba por época de mallas, na eira poñíanse as medas de trigo, de centeo e o medelo das aveas. A meda do trigo adoitaba a ser moi alta, comezaba con un grande pe e remataba en punta con un so mollo, eu teño subido moito a aquelas medas, en unha de aquelas roulei para baixo, caendo na eira, alguén pensou que xa morrera, non sei si a dor dun ombro me quedou para sempre, seguín nas mallas ó longo da xuventude, para min agarrar mollos sempre foi moi divertido, carrexalos no carro, levalos á eira para facer a meda, a campaña de mallas, repito eu gustaba de elas.
Máquina de mallar
No ano mil novecentos cincuenta e seis chegou unha novidade a Mañón, unha máquina acoplada, as tres pezas nunha, distinta á que se ve na imaxe, e que ía reducir moito labor na eira, terceiro Domingo do mes de agosto, eu contaba trece anos meu irmán dez, monte de Sampedro, grande visibilidade, un camión de Santa Marta de Ortigueira portaba aquela máquina, buscaban un bo sitio para baixala de aquel camión, alí xuntouse moita xente para ver aquela novidade, logo chegaba a posta do Sol, alí achegouse unha parella de bois para guindala ata o lugar do Gruñido, unha persoa saíu avisar para as mallas que ían comezar o luns, por once lugares preto do lugar da Casanova, onde estaba a tenda para mercar o augardente, o anís de garrafón, e o viño doce, as fumeiras fumeaban para cocer o pan e dispoñer na eira aquel pan de mallas, para a xente que se achegara á malla, eu fun a aquelas mallas na compaña de meu irmán, cando rematou unha malla no lugar dos Barcós o mallador levantou a tapa onde estaban os espoliadores, para retirar aquelas pallas que quedaran enganchadas, meu irmán aproveitou para mirar o funcionamento de aqueles aparellos, cando baixou aquela tapa os dedos quedáronlle enganchados no medio de aquelas táboas producíndolle un esmagamento forte, a xente da malla colleu un bo susto pensando que llos cortara, meu irmán non se inmutou so unhas pequenas lágrimas que asomou nos ollos, aquela máquina seguiu a mallar moitos anos nesta barriada, eu ía gañar o xornal para que os veciños viñeran á malla da miña casa, ás veces tiña que ir a outras que había pola barriada con outros equipos de tres pezas, eu gustaba de aquelas mallas, por ter limpeira, gustábame ir para alí i guindar por aquel veo para que se moveran aqueles cribos i limpar aqueles caños que traían aquelas rapazas dende a eira onde estaba a máquina i o motor, aquel traballo era pesado pero divertido, cando remataban eu sentía un sentimento porque había que agardar un ano para que volvera haber mallas, anque os anos ían pasando seguía sendo un mozo pola idade, logo tiven que enfrontarme a coidados da casa na compaña de meu tío, despois da morte de miña tía Aurora, que en paz esté, ano mil novecentos sesenta e dous eu con dezanove anos, meu tío encomendábame moito o coidado da taberna, a min gustábame os animais sobre todo as ovellas, como xa dixen noutros capítulos ir ás feiras da comarca para vender cando non vendía na casa, a taberna tamén era punto de tratos, o viño tamén axudaba aqueles tratos, eu con aquelo non tiña moita preocupación por ir ás festas, anque ás veces xogáballa a meu tío para achegarme a algunha, a el gustaríalle que buscara algo para acompañarnos, el xa pensaba no que podía pasar cando eu tivera que marchar ó servizo militar, seguín a pasar aquel tempo que faltaba para a Mili, alguén me dicía o que me ía pasar con aquel pelo negro que tiña na miña cabeza tan envexado por algunha persoa.
Chegou o ano mil novecentos sesenta e catro, mes de Agosto, sorteo caixa de recrutas da Coruña, a máquina de Inocencio na barriada, meu tío preocupado por saber a onde me tocaría ir a facer a Mili.
Aquel día de Sol do mes de Agosto, Rosendo non tivo pereza en madrugar i avisarme que iríamos cara a Coruña caixa de Recrutas para saber o meu destino, baixamos a ponte do Baleo para coller o coche de liña das sete da mañá, para chegar a Coruña antes das doce que se celebraría o sorteo, meu irmán Pepe quedara para atender a taberna en aquel día de mallas, dispoñía da chave para abrir cedo, que Inocencio puidera coller o gasoil para poder mallar ó longo do día, meu irmán na primeira baixou ó muíño dos Castelados para varrer a muiñada que lle botara pola noite para que a moera, o muíño que andase amodo non acabara aquela tarefa, era pouco o que lle faltaba, Pepe aproveitou para botarlle unha soada no campeiro diante da porta do muíño, tiña o sono retraído, pola noite andivera algo de troula, cousa que lle gustaba, a xente agardaba naquela eira que a máquina se puxera en marcha, meu irmán seguro que durmía a pracer sin darse conta que a máquina estaba parada, i a taberna cerrada, Inocencio seguro que daría moitas voltas aquela maña na busca do taberneiro. Xa pola noite nos voltamos da Coruña sabendo que eu tería que pisar terras de Castela para facer a Mili i o paso de dez meses aquelo converteuse en verdadeira realidade i non poder estar nas mallas do ano mil novecentos sesenta e cinco cousa que eu estrañaba.
Chegou o ano mil novecentos sesenta e seis, eu botei as mallas da barriada. 
 
E CHEGOU AQUELA XORNADA,
DE SOL EU CAMISA BRANCA,
DECIAME A QUE HOXE É A MIÑA AMADA,
VISTES CAMISA QUE ME ENCANTA.

EU CON PEL MORENA,
QUE COLLERA POR MADRID,
HOXE A MIN DAME PENA,
QUE ESTA TAREFA REMATASE ASÍ.

AS MALLAS MIÑA DIVERSIÒN,
O TRIGO O ALIMENTO PREFERNTE,
HOXE A PARROQUIA DE MAÑÓN,
NIN TRIGO, NIN MALLAS, NIN XENTE.








Nenos pais e veciños recollendo os apeiros podemos ver unha gran famila e a Manolo o conocido carreiro de Cuíña, fin de xornada o trigo esta no saco...Cuíña ano 64.
 Que tempos tan duros pero que felices...


O pai de sete fillos mostra con orgullo o gando que traballou carretando as maquinas trilladoras, logo de acabar xuntábanse todos os veciños para uha gran merenda.Senra ano 65.


Pensando pensando, agora despois das malllas, teremos que botar un grolo e dar de merendar ós veciños que ben o teñen merecido. Parroquia de Ínsua.


Acabamos as mallas este ano foron frutuosas a miña neta tamen estivo con nosco. Senra ano 65.



Avoa chea de ledicia e a neta de dous anos despois de un duro dia de traballo. Senra.









Por Maruxa e Andrés



martes, 18 de diciembre de 2012

RECITAL DE NADAL


Así é o meu recital,
con cariño i de esta maneira,
á comarca do Ortegal,
Santa Marta de Ortigueira.

Hai xente que non esquece,
as panxoliñas de Nadal,
i recibir o dous mil trece,
de xeito moi especial.

Para poñer o Belén
no sitio mais axeitado,
i darlle o meu parabén
quen teña o neno mais acurrunchado.


A nosa Galicia costeira,
a nosa Galicia rural,
digo que é moi esencial,
vivir o Nadal de esta maneira.

Dende o meu rural de Mañón,
cariño para o recén,
que camiño de Belén,
sairá representación.

Melchor Gaspar i Baltasar,
van camiño de Belén,
o Ortegal está a xuntar,
agasallos para o Recén.

Repito dende este punto,
cantemos as panxoliñas,
para nenos e meniñas,
I para todos que Deus,
traia alimento i paz no Mundo.


Andrés

martes, 4 de diciembre de 2012

DOUS IRMÁNS, UNHA NOITE DE FESTA

 
Inda que eu non fun un rapaz moi festexeiro, íame dando conta que os anos pasaban. Ía sendo hora de darlle algunha volta á vida, xa cumprira coa Patria, recen chegado de Madrid, no mes de Agosto do ano sesenta e seis, a meda estaba na eira, chegou aquel cuarto Domingo do mes, as festas do Naseiro en Viveiro, i unha festa máis preto de Mañón, o San Salvador pequeno no lugar dos Casas, Parroquia de San Salvador, Concello de Ortigueira eu parecía que traía gañas de festa, i verme con xente que facía tempo que non vía dende que marchara a Madrid, pois aquel domingo na compaña de meu irmán i outros veciños e veciñas da Parroquia quixemos ir a aquela Festa na famosa motocarro, que meu irmán mercara na Coruña, , eu dispoñía do permiso de conducir clase B, cousa que meu irmán non tiña, o chegáremos alí o lugar dos Casás deixamos aquel vehículo preto da carretera, subimos aqueles cómbaros para chegar ó sitio da festa, xa alí cada quen miraba o que podía gustar para pasar aquela noite, alguén podía mirar para min sen eu o mellor darme conta que podía ser unha voa compaña de aquela noite de festa,meu irmán non gustaba moito de aquelo, i achegouse a min para facerme a proposta de ir ata a festa do Naseiro, propuxérame aquelo para que eu fixera de condutor de aquel vehículo de tres rodas que nos levara ata alí,non me gustou a proposición, primeiro pola hora que xa era da noite, i ademais alí quedaba moitos rapaces e rapazas que nos acompañaran para ir ata alí, como veu que eu non acedía, ideou de pedirme o meu permiso de conducir, eu ante a petición dun irmán no dubidei en prestarllo cousa que puido ser un risco para os dous, eu quedeime naquela festa que durou ata altas horas da madrugada, meu irmán marchara na compañía de outro rapaz moi veciño noso, eu quedeime polo medio da Festa, non sei si bailando algunha peza, logo o estómago comezaba a pedir algo de alimento, o mesmo a outro rapaz que baixara na nosa compañía, baixamos a carretera para entrar na taberna de Xavier, i a súa doa, cousa que era difícil achegarse o mostrador por tanta xente que alí había, o noso era poder comer algo, na cociña parecía haber algo bo, eu pregunteille a Ines se tiña algo para comer, dixo que cociñara polo asado, i unhas patacas, a min aquilo xa me contentaba, o mesmo o compañeiro que baixara tamén para comer algo que gustara, non dubidamos en pedir aquelo que nos propuxera, cando xa chegou a mesa con aquela metade do polo i a fonte de patacas, parecía ser para catro, i nos pediramos para dous, díxonos que aproveitara, i ambos comendo de vagar falando que podía ser dos da motocarro si os pararía a garda civil de tráfico, non dubidamos en que aquel polo andase solto polas leiras daquel lugar, as patacas no seu punto, logo levantamos para pagar aquelo que tanto gustara, votamos o campo da festa aquilo seguía moi animado, alguén se achegou a min para preguntarme si logo íamos a subir para Mañón, cousa que tiñamos que facer a pé, eu non tiña presa, alguén máis que me coñecía tamén me preguntaban como pasara a vida militar, i como vira Madrid, logo cando rematou a Festa puxemos pés o camiño que levaría un bo anaco, todos e todas voltamos contentos, mirabamos aquela bombilla que alumeaba preto do lugar do Pesco, o alto do foxo había que pasalo, ó chegar o cruce de San Pedro alí alguén de aquel grupo collía o seu camiño, eu gustábame chegar a casa para saber si chegaran os da motocarro, de aquela festa do Naseiro, si mal non recordo non chegaran aínda, achegueime a cama para durmir un anaco,antes que soara a máquina de Inocencio en algunha eira do Barrio, cando chegaron aqueles aventureiros o primeiro foi preguntarlles si os parara a Garda Civil,dixeron que non, pero Antonio,que marchara con meu irmán Pepe, dixo vir canso de empuxar pola Motocarro que se apagara o motor preto de San Roman, cando ían cara o Naseiro, eu pensaba que si acertara en quedarme no San Salvador Pequeno, i non ir ó Naseiro grande.

Andrés no Servizo Militar, 1966




Non recordo o nome da Orquestra,   
o cal me gustaría saber,
recordo moito aquela festa,
quen tivera hoxe aqueles anos,
i alí, poder volver.








Por Andrés

viernes, 9 de noviembre de 2012

VIRXE DO CARMEN DE MAÑÓN

Procesión Virxe do Carmen
Mañón 1959
En algo que contar, gustaríame ter en conta unha festa que ten a Parroquia de Mañón, aunque esta Parroquia como outras da Comarca, se están quedando despoboadas as celebraciós de festas seguen a conservar a súa tradición, ás veces con certas dificultades por motivos de non saber de  onde se van a buscar os cartos para pagar as Orquestas i outros gastos que se ocasionan, nada ten que ver con os anos da miña xuventude cando a parroquia estaba máis poboada, esta festa da virxen do Carmen, que se celebra o cuarto domingo de Septembro i que antigamente era festa e feira era moi concurrida por xentes da comarca i tamén de Parroquias da provincia de Lugo, dise que esta festa foi pasada a este mes por emigrantes cubanos que retornaban a esa illa caribeña, i ademais voltaban os segadores i segadoras que marcharan a Castilla ás tarefas de sega do trigo, i así escoitei decir a certa xente da Parroquia algúns xa falecidos, alguen se pregunta por este cambio dado que o día da festivida é o dezaseis de Xullo, esta festa ten moita concurrencia sempre que o tempo o permita, a día de hoxe a festa celébrase no atrio da Igresia remodelado de cemento, antigamente en este atrio de herba era o círculo da procesión como estamos a ver na imaxen mostrada neste escrito coa participacion de moitos rapaces e rapazas algúns compañeiros meus de escola. As imaxes eran portadas a hombros con catro homes cada unha, dábase a volta por diante do cementerio as campás repenicaban, os foguetes soaban, a música tocaba para seguir o paso ata que que as imaxes volvían a entrar na igresia, o silencio da xente era a tónica xeral, rematada a procesion o cura pechaba a Igresia para logo sair pola sancristía de pedra como tamén era o fondo da igresia, cóntase que debaixo de algunha de aquelas pedras puidera haber algunha sepultara con algun ser humano sobre todo de anxeliños.
Seguindo o que foi esta festa quero contar, que eu xa fun maiordomo de ela con un compañeiro do lugar de Caión, andivemos a recorrer a parroquia para xuntar diñeiro para pagar a Orquesta que de aquela foron os Titanes de Senra (Ortigueira), a festa foi moi ben acollida pola xente da comarca, a verbena celebrouse no antigo campo da Feira, i a música tocou no  palco de cemento construido a mediados do seculo vinte, a verbena rematou sin incidencias salientables.     


Por Andrés







  

viernes, 28 de septiembre de 2012

GALERIA

CARROCETA DE LA  MADERA HECHA EN EL TALLER DE PIÑÓN DE ORTIGUEIRA  CON UN CAMIÓN QUE FUE DEL EJÉRCITO   DE LA MARCA BARREIROS    DE ENRIQUE MARTÍNEZ FERNÁNDEZ SOBRE LOS AÑOS   1960-65.






 Miguel

lunes, 23 de julio de 2012

RECETAS TIPICAS DE ORTIGUEIRA


Bertóns recheos

Ingredientes:

Bertóns, restos da carne do cocido , fariña, caldo limpo, ovos, aceite e cebola (opcional).

Escaldar os bertóns e logo metelos en auga fría. Deixalos arrefriar.

Sofre ir a cebola picada. Mezclala coa carne trocada miúda , engadir os ovos ( batexados ou ao natural). Remexer todo e deixar repousar un anaco.

Ir recheando os bertóns coa carne e pechalos. Logo rebozalos en fariña e ovo, freílos e poñelos no caldo limpo e cocelos uns 20 minutos a lume baixo.


Fricasé de carne ou cocido pobre

Ingredientes:

Garavanzos, pito da casa, carne de porco ou vitela con óso, un anaco de xamón, chourizos, cebola, tomate, pementos de lata, loureiro, cravo, azafrán, viño branco, aceite e sal. Allo e pirixel para o amoado.

A véspera poñer os garavanzos a mollo e trocear a carne en anacos pequenos, rebozala co amoado de allo, pirixel, sal e aceite.

Cocer os garavanzos en auga con sal e unha cebola cuns cravos chantados.

Dourar a carne nunha tixola e logo poñela na pota onde imos facer o fricasé.

Colamos o aceite da tixola e pochamos a cebola e o tomate. Logo botámosllo enriba da carne co viño branco. Deixámolo cocer uns minutos, engadímoslle auga, azafrán, o chourizo e o xamón picados e o loureiro. Cocer ata que todo estexa tenro.

Mesturar todo xunto e picar os pementos engadímosllos tamén, deixar cocer uns minutos todo xunto e logo deixar repousar aló menos uns 10 minutos. 



Torta batida de améndoa

Ingredientes:

12 ovos, ½ kg de azucre, ½ kg de améndoa moída e pasta quebrada.

Batuxar os ovos co azucre ata que aumenten o dobre ou triple do volume logo añádeselle pouco a pouco as améndoas pero sen batuxar, solo remexendo.

Ponse unha base de masa quebrada no fondo logo añádese o batido a por riba bótaselle azucre, métese ao forno xa quente a uns 180º unhos 45 minutos máis ou menos.

 Mª Carmen Villalba

A LENDA DOS NOSOS ANTERGOS





Según a lenda a parroquia de San Claudio encontrábase situada entre o que hoxe lle chaman Mouriños, A Nogueira A Calloga e Barco Feito. Nese entorno estaba a Igrexa e arredor mil habitantes, despois de un gran terremoto inundouse todo, quedando todo o pobo somerxido, e dende entón a ese lugar chámase Tristimil. Algún antergo contaba que había persoas que aínda se acordaban de ver a punta da torre da Igrexa, cousa que xa dudo un pouco.

Seguindo falando de lendas e da misma parroquia, dise que existiu unha mina de Cobre, desta lenda quero dicir que me parece que pode haber moito de certo por non dicir que si é certo, pois, entre os lugares de Curro, Casanova, Bodeguiña e Goimel existe un regato chamado Cano da Mina, e na miña acordanza entre os lugares de A Bodeguiña e Goimel existían uns socabóns de dous ou tres metros de diámetro nas que se podía apreciar claramente que en ambas direccións existían unhas covas como galerías, e nos terreos que naqueles tempos se traballaban na marxen do chamado Cano da Mina en vez de pedras como na maioría dos terreos. A maioría eran pedras de escoria de Cobre, entre o lugar de pousada e Bodeguiña hai unhas leiras chamadas Venaqueira que quere dicir vena ou veta da mina, esta mina non foi cerrada porque a súa explotación non fose rentable, foi pola mala xestión administrativa.
Seguimos falando da mesma parroquia e vamos ás raíces da festa da Xilde, parece ser que as raíces do que hoxe é coñecida como a festa da Xilde naceu polos anos despois da guerra promovida por un mestre destinado nese lugar e nace co nome de festa da árbore pois dito mestre xuntaba a todos os mozos de San Claudio o segundo domingo do mes de Maio invitándoos a unha merenda e a plantar unha árbore, anos máis tarde pasou ser festa da Xilde.
Entre os anos 1959 e 1961 constrúese unha pequena capela facéndoa un pouco mas grande anos mas tarde, a Virxe dos desamparados foi enviada desde Valencia por Don Xosé María Seoane Sierra, tenente de oficinas militares, destinado por aquel entón en Valencia, a campá creo que foi doada por don Vicente Piñeiro Senra e Dona Mª Dolores Seoane Sierra emigrantes en Venezuela. Quero dicir que o día que se inaugurou foi todo un acontecemento nunca se vira semellante concentración de xente na Xilde pois todo o que son as chaeiras de A Xilde, Lastigueira e a Venta, estaban tapadas por cabezas humanas, por primeira vez víase chegar un coche á Xilde, era o coche do Bispo, pois a pista que uniu a Xilde coa estrada Ferrol-Viveiro inaugurouse o 12-10-1971, facéndose unha gran sardiñada na eira do Camiño Grande, que por certo, para ser a pista de estreo tivemos que sacar os coches a man pois a pista soamente era de terra e a xunta da tarde deulle por chover e converteuse nunha pista de patinaxe,o que non tiña coche tamén patinaba pois a parte de chover por fora tamén choveu por dentro.
Quero dicir tamén que a primeira corrente que houbo en San Claudio a 220 V foi nos lugares de A Bodegiña e Goimel alumeou por primeira vez o 27-8-1958.
Bueno quero dicir que San Claudio non é un pobo basado en lendas, pois era un dos pobos mas prósperos da comarca, contaba cunha feira cada terceiro domingo do mes onde se compraba e vendía toda clase de animais e productos agrícolas, tiña cine O Mesón, tres salóns de baile, salón de Graña, salón de Chentola e salón de Tras do Rio, tiña unha cerámica onde se facían ladrillos e tellas, tiña tres equipos de mallar o trigo conpostos por motor, trilladora e limpadora, tiña aserradeiro de madeira, catro panaderías casa Juana, Rodrigo do Cristo, José Mera e casa Serapio tiña sete muíños de auga o muíño do Mar, muíño de Candales, muíño de Andrés de Pepa, muíño de Pajón, muíño da Rega, muíño do Curro e muiño de Pormadelos, tiña un muíño eléctrico o de Andrés Fernandez (o manco) tiña sete forxas as de Parapar e Cobelo na Xilde, Marcos Mauriz no Orxado, Cordido nos Palmarios,Vicente Pinón na Bodeguiña, Andrés Rodríguez Graña, no Grañeiro e Ramón Piñeiro no Outeiro, tiña dúas fondas casa Graña e o Mesón, tiña carnicería o Mesón, e varios establecementos mixtos,como o Ventorrillo, o Almacén(casa Ferro) o Pichel, casa Chao, casa Pernas, casa Paco do Cristo, casa Pancholo, Bar do Mesón, casa Chentola, casa o Grañés, casa Pepito Lindo e casa Rodrigo, tamén tiña algún quincalleiro como a Remosca, o Lisco e Ofelia do Lagarnovo, tiña talleres de costura como o de Josefa Cornide, Antonia Rodriguez, Ilda Rodríguez e Pepa da Rega de onde saliron moitas e voas modistas.
Tiña empresa de construcións de carretera como era empresa Piñeiro, hoxe empresa Piñeiro Lopez .S.L, tiña zoqueiros como Baldomero Gómez na Rega, José Picos en Insuela e Benito Fernández no Lagarnovo, tiña médico pero non un médico calquera era un médico especialista en Raios X e ciruxía como era o Doutor Don Bernardo Escudero. Tiña dous estancos casa Peña e casa Graña, dúas barberías a de Pajón e de José Area Villalba, contaba co segundo mellor taller de mecánica despois de Chavín dende Ferrol a Ribadeo, era o taller dos irmáns Rodríguez do Correo, no lugar da Armada pódese dicir que foi onde naceron os eólicos, pois con unha dinamo movida por unhas aspas ca forza do vento producían corrente para consumo propio, tiña xastrería de José Seoane Sierra na Figueira, tiña cinco zapateiros, Salvador Seoane no Xestal, José Corgos na Casilla, Xesús Pérez nos Palmarios, José Fojo en Alvariños e Alfonso de Urbano entre a Lastra e a Galiñeira. Referente a o ensino, cultura e educación foi unha aldea onde pasaron mestres da calidade como, Novás, Don Casto, Dona Dolores, Don Avelino, Don Jesús, Felpeto, Dona Cándida, Don Antonio, Dona María, Don Paco e Don Ramón, estes mestres impartían clases en locales habilitados para tal fin, pois en aquel entón non había escolar, as clases dábanse no salón de Tras do Río, salón de Chentola e para os nenos do alto de San Claudio habilitouse un local na Xilde, máis tarde polos anos mil novecentos vinte e pico os Indianos emigrados na diáspora xuntaron cartos para facer un escolar, este escolar contaba con sotano,1ª e 2ª planta e faiado, equipárona cunha cociña de gas para que os nenos poideran tomar leite quente no inverno, este leite facíase con auga fervida e leite en po, tiñan máquina de escribir para que os nenos e as nenas aprenderan a escribir a máquina, ectamén a dotaron de unha maáquina de coser de pé para que as nenas aprenderan a coser, este edificio hoxe e patrimonio da parroquia e foi remodelado ca mais moderna tenoloxóa ee un dos centros sociales mellores da comarca,eu ,e sopoño que todos os de San Claudio quero ter un recordo moi especial e un agradecemento a todos eses indianos que coa dor que supón a morriña de estar lonxe da terra non escatimaron esforzos para que San Claudio non quedase atrás no ensino. Respeto a cultura musical San Claudio foi un viveiro de músicos para as distintas formacións musicais da bisbarra podemos citar a Pajón, Rodrigo Doce Carrrodeguas, Anselmo Seoane Sierra, Tucho Peña Corgos, Carlos Piñón Villalba, Fracisco Castro Seoane, José Duran Pego(Pepulo) Luis Fraga (Luis de Pichel) Fernando do Viudo, Eduardo e Juan Villar Villar,Jesús Breijo (Suso de Valelle) Daniel Méndez (Daniel do Plantío) Antón Cornide(Chucho de Faxín) Francisco Pérez (Farruco) José Cornide (Becos) Manuel Fojo Cortés (Manolito de Foxo), a mala sorte quixo que se truncara unha promesa da música, pois sendo moi xoven dirixíanse a tocar á parte de Viveiro no autocar de Pena Boa das (Barbelas) A Barqueira, nas curvas de Escourido o autocar volcou e con tal mala sorte Manolito e un compañeiro chamado Roibas quedaron atrapados debaixo do autocar perdendo a vida, a música que era para bailar e dar alegría quedou de loito pola perda de estas dúas persoas e dos talentos musicais. Na cultura do deporte o C.F Mezquita era un dos equipos máis competitivos da comarca, contaba nas súas filas con xente como Jesús e Julio Seoane Sierra, Luciano,Cesario e José Alonso(Os de Montes) Vicente Piñeiro Senra, Nicanor Martínez, Baldomero Álvarez (Vevito) Antonio e Manuel Iglesias Barrro, Conrado Barro Cornide,Vicente Cornide (Chente do Coto)Tucho Peña Corgos, Manuel Rodríguez (Zamora) Manolo e Pepito de Viveiro, José Gómez(Pepe da Ouvella Queixo) Carlos Gómez Piñeiro ( O Serrano) Javier Gómez Ínsua,Constantino Pérez Ínsua (Tinolo) Ramón Piñón Villalba, Mario Doce Ínsua(Cachito) José Manuel Peña Fraguela (Pichón) e Francisco Castro Seoane, Fracisco e José Lorenzo Area.
San Claudio tamén tocou a rama do séptimo arte pois representou con gran éxito dúas veces en San Claudio unha en San Adrian e outra en Ortigueira a mellor obra de Castelao “Os Vellos non deben Namorarse”,na que tiven o placer de compartir reparto cos protagonistas da misma, eu facía o papel de Dn Ramón un vello rico,verde e borracho,(quero decir que o papel de borracho non me custou moito caro facelo,pois na queles tempos tiñao ben esaiado) dede aquí quero ter un recodo e un agrdecemento moi especial a on oso director, Ramón Piñon Villalba Q.E.P. D. a Antonio Martínez Pereira e José Ramon Doce Seoane pois sin estas tres persoas sería imposible representar xemellante obra.
Quero lembrar dúas construcións simbólicas en San Claudio que foron construídas alá polos anos 1915 e 1925 por un mestre de obras de Ortigueira chamado Román digo eu que sería o pai do que foi arquitecto do Axuntamento Dn Alfonso Román,estas edificacións son o chalet de Carelle hoxe propiedade de Manuel Vilela e Isabel Mera, e a outra e o chalet de Peña, hoxe propiedade de José manuel Franco Caaveiro(Cheivan) e Matilde Martinez,digo que son sinbólicas porque creo que non houbo parella de noivos que casaran na Igrexia de San Claudio que non sacasen fotos diante destes chales cas súas palmeras e as súas galerías de fondo,e simbólico para min porque meu avó emigrou a Cuba e por desgracia como outros tantos voltou con unha man diante e outra atrás, pero, iso si, trouxo varios baúis cargados de ferramenta para traballar a madeira, naqueles tempos non abia por estes contornos talleres de carpintería de madeira e meu avó foi quen fixo esas bonitas cornixas e galerías. Bueno vou facer un alto no camiño, pois mas adiante gustaríame sacar a luz unha faceta que teño gardada no baúl dos recordos dende hay moito tempo como e a faceta do humor,p ois meu avó e máis eu tiñamos unha empresa de non facer nada onde traballábamos os dos soos e eu era o encargado do personal,e como di o refran que en tódolos traballos se fuma cando nos sentábamos a fumar un pitillo meu avó facíame contos os cales teño gardados porque non vin un oco pa lanzalos á luz, pois morreu Eugenio, Miguel Gila,desfixéronse Martes e Trece e Cruz e Raia pero sempre sale algún intruso como por ejmplo algúns políticos que non saben como teñen que facer as cousas entón dedícanse a contarnos contos.Quero decir que se isto sale a luz é gracias a unha persoa de unha calidade humana fenomenal e con tanta paciencia como a area ten un deserto, pois sin esta persoa eu non seria capaz de facer isto,esta persoa e Verónica Barcón, gracias Verónica.


Bueno non se me ben mas nada á miña cachola, soamente pedir desculpas si algúns datos non son exactos, espero que alguén se quere e pode que colabore o meo escrito e se pode aportar algún dato ou fotografía sobre o particular quedarei moi agradecido.

GOIMEL